Actividades complementarias da exposición Historia do tren de xoguete español

Actualizado 09/04/2014 08:35

museo de pontevedra

O tren na cidade e O tren no Museo son dúas actividades organizadas dentro desta exposición coa que se conmemora a chegada do ferrocarril a Pontevedra hai 130 anos.

A primeira diríxese a todos os públicos e a segunda a nenos e nenas. A participación en calquera delas é gratuíta.

O TREN NA CIDADE

Consiste nun recorrido por aquelas zonas da cidade polas que discorría a primitiva vía, se situaba a antiga estación do tren ou aínda se poden ver as vellas infraestruturas, como os piares da ponte da vía sobre o Lérez. Ó longo do traxecto irase contando a historia da creación dos tramos Redondela-Pontevedra (1884) e Carril-Pontevedra (1899), ademais de explicar por onde discorría o antigo trazado.

Días: 11 e 12 de abril e 16 de maio

Saídas: ás 11 h, 12 h, 13 h, 17 h, 18 h e 19 h

Lugar de inicio y finalización: Sexto Edificio

Capacidade do tren: 25 persoas Para participar nesta actividade é preciso recoller o billete o propio día na recepción do Sexto Edificio

O TREN DENTRO DO MUSEO

Na área acristalada do Sexto Edificio haberá un tren para nenos e nenas que o poderán gozar co seguinte horario:

Domingo 13: de 11 a 14 h

Sábado 19 e 26 de abril e 3 e 10 de maio: de 11 a 13 h e de 18 a 20 h

Venres 16 de maio: de 17 a 21 h

Non se require inscrición previa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra