Domingos Musicais no Sexto

Actualizado 09/04/2014 15:00

museo de pontevedra

O cantautor Manoele de Felisa dará un concerto o domingo 13, ás 19:30 h, no Sexto Edificio dentro do ciclo Domingos Musicais no Sexto. A entrada e libre e gratuíta.

O seu primeiro traballo discográfico, Orballo, tivo lugar no ano 1992 e foi dedicado á memoria do poeta e xornalista Roberto Blanco Torres, asasinado durante a guerra civil e homenaxeado o 17 de maio de 1999 co Día das Letra Galegas.

Chove foi o seu segundo disco. Nel presenta composicións de corte intimista e repletas de gabanzas á terra, á xente e os costumes tradicionais. Cabe destacar O mar de Sampedro dedicado á historia de Ramón Sampedro, e o prólogo realizado por Ángel Núñez Sobrino.

En 2003 colabora con Astarot, A Quenlla e nun recompilatorio de música chill out .

En 2004 participa noutro disco titulado Así é a miña terra con artistas como Xil Ríos, Suso Vaamonde, Astarot, A Quenlla, Seare etc.

En 2007 grava un novo disco dedicado á poetisa María Mariño Carou titulado A María Mariño.

En 2008, 2001producctions edita un disco de artistas galegos no que se inclúen temas de Manoele. Musicaliza tamén nese ano a Álvarez Blázquez.

En 2010 presenta Poesía viva coa musicalización de escritores como Miguel A. Fernán Vello, Antón Reixa, Pilar Pallarés, Xosé Luna...

En 2011 fai un traballo de literatura infantil co libro de Rosalía Morlán A coitada Lúa e algúns poemas de X. Neira Vilas.

En 2012 pon música e voz ó libro de poemas de X. Fernández Abella Poemas de amor, loanza, condena e outros; musica o poemario infantil Estrelas de Azucre de Rosalía Morlán. Homenaxea a Valentín Paz Andrade musicando catro poemas e pon ritmo ó libro Sol Rebulideiro de Xosé Luna.

En 2014 sairá o novo disco: Contos de lembranza.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra