Historia do tren de xoguete español

Actualizado 11/04/2014 00:00

museo de pontevedra

Esta exposición permite realizar unha suxestiva viaxe pola historia ferroviaria española a través dos trens de xoguete e os seus accesorios. Pódese visitar no Sexto Edificio ata o 18 de maio.

Ferrocarril eléctrico 984 (1931) / Hermanos Payá. Ibi (Alacante) /Lata e calamina

As pezas seleccionadas, orixinais e de fabricación española, proceden da Colección Quiroga-Monte, composta por máis de 1.500 exemplares, cifra que a sitúa entre as máis significativas e completas do país.

Pódense ver, ademais dos propios trens, estacións, plataformas, gardaagullas, depósitos de auga, despachos de billetes ou indicadores de direccións.

Contemplando estes xoguetes, en moitos casos recreacións de modelos reais, os visitantes adultos terán ocasión de lembrar a súa nenez e o público infantil coñecer o mundo lúdico dos seus maiores.

A mostra permítenos recordar tamén que se cumpren 130 anos dende que en 1884 chegou, procedente de Redondela, a primeira locomotora a Pontevedra. Este feito, ademais de estar recollido na propia exposición, compleméntase con actividades para o público infantil e adulto.

Ver a chegada do tren

Ver actividades complementarias

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra