En Paralelo: Noites de Literatura e Cine

Actualizado 23/04/2014 00:00

museo de pontevedra

Co título Musicalización poética o cantautor galego Manoele de Felisa comentará como crea os seus propios textos e como realiza o mesmo proceso cos poetas ós que interpreta. Esta charla, na que intercalará a interpretación musical, terá lugar o venres 25 de abril ás 20 h no Salón de actos do Sexto Edificio. Nela tamén intervirá o escritor Xosé Neira Vilas.

A película Urxa, escrita e dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal e protagonizada por María Bouzas. foi a elixida por Manoele de Felisa para completar a súa intervención. Proxectarase o día 30 de abril ás 20 h no Sexto Edificio.

O cantautor achou na poesía galega unha fonte que abastece o seu traballo musical. Roberto Blanco Torres, Martín Codax, Rosalía de Casto, Celso Emilio Ferreiro, María Mariño Carou, Salvador García-Bodaño, Miguel Anxo Fernán Vello, Rosalía Morlán, Álvarez Blázquez, Antón Reixa, Fernández Abella, Xosé Luna, Neira Vilas, Valentín Paz Andrade…son autores representados nel.

Recentemente, Manoele de Felisa, actuou no Sexto Edificio dentro do programa Domingos Musicais no Sexto.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra