Actividades sobre El Greco no Museo

Actualizado 24/04/2014 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra sumouse á conmemoración do IV centenario da morte de El Greco que aconteceu o 7 de abril de 1614 en Toledo, a súa cidade de adopción, cun obradoiro para o público infantil, que se realizou durante as vacacións de Semana Santa, e unha actividade para todos os públicos titulada Dous grecos no Museo de Pontevedra, que agora se amplía a todos os xoves laborais de maio.

Dous grecos no Museo de Pontevedra. Análise e influencias

Nesta visita faise un achegamento á figura do pintor cretense a través das dúas obras que custodia o Museo de Pontevedra.

Días/Hora: Todos os xoves laborables do mes de maio ás 18:30 h.

Punto de encontro: Edificio Castro Monteagudo. Número de persoas: un máximo de 25 por día.

Inscrición: No correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413.

A visita levarase a cabo por parte do persoal do Gabinete Didáctico, que establecerá unha análise comparativa, coa axuda dun mosaico de imaxes, con cadros da mesma temática pero firmados pola man do artista. Permitirán tamén unha achega ó funcionamento dos talleres de pintura daquel entón, completándose coa observación da obra de dous pintores galegos que reflicten unha clara influencia da súa pintura: Jesús Rodríguez Corredoyra e Pedro García Lema, ambos os dous con presenza no Sexto Edificio do Museo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra