Conferencias da Fundación Rutas del Románico

Actualizado 05/05/2014 10:00

museo de pontevedra

A Fundación Cultural Rutas del Románico organiza o XVI Curso Internacional “O Camiño de Santiago e a arte”. O salón de actos do Sexto Edificio vai acoller as súas conferencias os días 8 e 9 de maio.

Xoves 8 de maio

18:30 h: Peregrino, Santiago espérate. A catedral do século XVI, por José Manuel García Iglesias (Catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago).

20:30 h: Peregrino ou camiñante. Os valores iconográficos dos motivos xacobeos na literatura emblemática, por Juan Monterroso Montero (Profesor Titular de Historia da Arte da Universidade de Santiago).

Venres 9 de maio

18:30 h: Álvaro Cunqueiro e o mundo do dereito, por Luis Rodríguez Ennes (Catedrático de Dereito Romano da Universidade de Vigo).

20:30 h: Ritos e igrexas de peregrinación, por Ramón Yzquierdo Perrín (Catedrático de Historia da Arte da Universidade de A Coruña).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra