Domingos Musicais no Sexto

Actualizado 06/05/2014 00:00

museo de pontevedra

Co título de 100 anos de Vinicius de Moraes o cantautor carioca Rodrigo Almeida dedica este concerto ó poeta e músico de Río de Janeiro, un dos nomes máis universais da música brasileira, compositor, entre outras moitas, da bossanova Garota de Ipanema.

O concerto terá lugar o domingo 11 de maio no Sexto Edificio ás 19,30 h.

Rodrigo Almeida vai amosar o seu lado máis intimista, interpretando bossas, sambas e poemas do mestre Vinicius e as súas colaboracións con Tom Jobim, Baden Powel e Chico Buarque.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra