En Paralelo: Noites de Literatura e Cine

Actualizado 13/05/2014 00:00

museo de pontevedra

O xoves 15 de maio ás 20 h, no salón de actos do Sexto Edificio, preséntase a novela ¿Puedo soñar contigo? de Blue Jeans. Completarase esta sesión coa proxección o mércores 21 da película La vida es bella dirixida por Roberto Benigni en 1997.

Blue Jeans é o pseudónimo de Francisco de Paula Fernández, o autor español con máis seguidores nas redes sociais. Nado en Carmona e licenciado en Xornalismo, actualmente reside en Madrid.

Este libro pecha a súa triloxía El club de los incomprendidos que se converteu nun grande fenómeno editorial español de literatura xuvenil romántica.

O autor será presentado polo escritor pontevedrés Alexander Vórtice

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra