Actividades complementarias da exposición De templo xesuíta a parroquial de San Bartolomeu

Actualizado 30/05/2014 00:00

museo de pontevedra

Estas son as actividades complementarias desta exposición que conmemora o terceiro centenario da consagración do templo. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

CICLO DE CONFERENCIAS. Sexto Edificio, ás 20:00 h

5 de xuño Unha parroquia urbana na Galicia da Idade Media e Moderna: San Bartolomeu O Vello de Pontevedra, por Jesús Niño Sánchez-Guisande, párroco de San Martiño de Salcedo

12 de xuño

Historia, espazo urbano, arquitectura e evolución da igrexa e colexio dos xesuítas de Pontevedra, por Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra, e Mª Ángeles Tilve Jar, conservadora do Museo de Pontevedra

19 de xuño

Os retablos e a escultura da igrexa de San Bartolomeu, por Juan Manuel Monterroso Montero, profesor titular de Historia da Arte e decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago

26 de xuño

Os xesuítas e as súas Escolas de Gramática, por José Manuel Domínguez García, profesor e investigador da Historia da Educación en Galicia

CONCERTO. Igrexa parroquial de San Bartolomeu, ás 21:00 h

6 de xuño

Música sacra a cargo da A.S.C. Coro Liceo de Vilagarcía, dirixido por Margarita Guerra. Órgano: Alejo Amoedo

Ver noticia

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra