De templo xesuíta a parroquial de San Bartolomeu

Actualizado 05/06/2014 00:00

museo de pontevedra

Esta exposición conmemora o terceiro centenario da consagración en 1714 da igrexa de San Bartolomeu, edificio vinculado nas súas orixes ó Colexio da Compañía de Xesús.

Na mostra faise un percorrido a través da historia deste templo, un dos máis fermosos exemplos da arquitectura barroca clasicista galega. Amósase a evolución, desde os inicios da fundación xesuíta a mediados do s. XVII e a súa construción, ata a expulsión da orde en 1767 e a súa transformación en parroquia de San Bartolomeu en 1836. Tamén se mostran os diferentes usos que tivo o seu edificio anexo, desde Colexio xesuíta ata ser unha das sedes do Museo.

Un ciclo de catro conferencias e un concerto son as actividades complementarias desta exposición conmemorativa.

Ver actividades complementarias

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra