Obradoiros de verán 2014

Actualizado 10/06/2014 00:00

museo de pontevedra

Nos vindeiros meses de xullo e agosto desenvolveranse no Museo de Pontevedra catro obradoiros creativos. Dous deles están pensados só para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e os outros dous para público de idades máis diversificadas:

ARTURO SOUTO NO MUSEO

Trátase dun obradoiro de pintura que estará dedicado á obra do pintor galego Arturo Souto Feijoo do que se conmemora durante o mes de xullo o 50 aniversario do seu pasamento. Estará impartido por Liliana Rey Figueroa. Nel os rapaces crearán a súas propias obras a partir da relación directo cos lenzos do autor e experimentarán con diferentes técnicas artísticas.

Celebrarase no Sexto Edificio e o número máximo de prazas por quenda é de 15.

Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10:30 a 12:30)

Do 30 de xuño ó 4 de xullo

Do 14 ó 18 de xullo

Nenos/as de 9 a 12 anos (de 10:30 a 13:00)

Do 7 ó 10 de xullo

Do 21 ó 24 de xullo

OBRADOIRO DE CERÁMICA

Os nenos e nenas experimentarán co modelado do barro creando as súas propias pezas e achegándose á colección de olería tradicional que posúe o Museo.

Estará impartido por Germán Iglesias del Río, profesor da Asociación Alba.

Celebrarase no Sexto Edificio e o número máximo de participantes por quenda é de 15 a excepción da quenda de 9 a 12 anos que serán 20.

Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10:30 a 12:30)

Do 4 ó 8 de agosto

Do 25 ó 29 de agosto

Nenos/as de 9 a 12 anos (de 10:30 a 12:30)

Do 18 ó 22 de agosto

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN

Estará impartido polo percusionista cubano Pedro Acosta e consistirá nunha iniciación á música de percusión no que se traballarán catro puntos esenciais: a percusión tradicional (congas, timbal, bongo, shaker, güiro, maracas, etc.), a percusión alternativa (sacar sons de calquera obxecto), a percusión vocal e a percusión corporal.

Celebrarase o 16, 17 e 18 de xullo no patio do Edificio Sarmiento e o número de prazas é de 10 por grupo.

Grupo de maiores. A partir de 9 anos sen límite de idade. Ás 11:00

Grupo de pequenos/as. De 5 a 8 anos. Ás 12:00

INICIACIÓN ÁS TÉCNICAS DO PINCEL CHINÉS

Este obradoiro organizado coa colaboración da Asociación Cultural Urbana Taller Abierto está recomendado para persoas a partir de 14 anos. O seu obxectivo é dar a coñecer o mundo da pintura chinesa, estudar a técnica, o uso correcto do pincel e o emprego da tinta proporcionando as claves e ferramentas coas que poder continuar afondando nesta arte e gozar da beleza e o misterio dunha arte milenaria.

Cada un dos asistentes, que serán un máximo de 15, debe traer acuarelas en tubo de 10 ml das seguintes cores (a marca de referencia é Van Gogh, aínda que se pode utilizar calquera): azul (570), verde (623), sepia (416), amarelo (254).

Celebrarase no Sexto Edificio os días 21 de xullo (de 10 a 13 h) e o día 22 (de 10 a 13 h e de 17 a 20 h)

INSCRICIÓNS

A participación é gratuíta.

O prazo de inscrición comeza o 9 de xuño e remata o 18. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación.

No caso de haber máis solicitudes ca prazas, o 24 de xuño farase un sorteo público entre os inscritos.

O mércores 25 publicarase a relación de admitidos en cada obradoiro nas páxinas web do Museo e da Deputación, así como no taboleiro de anuncios do pazo provincial.

Descargar folla de inscrición picando aquí.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra