Presentación do libro Los centros de la emigración pontevedresa en Buenos Aires

Actualizado 11/06/2014 00:00

museo de pontevedra

O venres 13 de xuño ás 19:00 h o Sexto Edificio acolle a presentación do libro Los centros de la emigración pontevedresa en Buenos Aires, do que é autor Martín Fernández Vizoso, responsable do Servizo de Prensa da Deputación de Pontevedra. O acto estará presidido pola Deputada de Cultura Ana Isabel Vázquez Reboredo.

No libro recóllese a historia dos dezaoito colectivos de emigrantes da provincia de Pontevedra que aínda subsisten na cidade porteña.

Para a súa realización, o autor baseouse nas actas dos propios centros, nas imaxes da colectividade e na repercusión da súa obra solidaria en cada concello de orixe.

Pontevedra e Galicia teñen unha inmensa riqueza nos seus centros do exterior, especialmente nos de Arxentina, uns centros que, hoxe, ademais de gardar boa parte da memoria da provincia, afrontan unha imprescindible reorientación para converterse en Territorios de Futuro.

Martín Fernández Vizoso é profesor e xornalista. Traballou na UNED en Madrid e foi delegado de La Voz de Galicia e director de Radio Voz. Autor de libros como “El Comentario de Textos, asimilación y sentido crítico” ou “A prensa da emigración, Fomento de la Instrucción Galega”. Desde o ano 2001 é responsable do Servizo de Comunicación da Deputación de Pontevedra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra