Día da Música no Museo

Actualizado 17/06/2014 00:00

museo de pontevedra

Ó sábado 21 terá lugar na Praza da Leña un concerto do grupo Banda Baile Asalto que actuarán ás 21 h no arco que une os edificios Castro Monteagudo e García Flórez.

No caso de que chova trasladarase á actuación ó Sexto Edificio.

Banda Baile Asalto é un grupo pontevedrés nado en xuño de 2011, con motivo da súa participación no VI Festival Folk de Muxía. A súa intención é conseguir a interacción co público. Hai que bailar!

Está composto por seis músicos de diferentes estilos que buscan crear un proxecto cunha linguaxe única. Son: Miguel Fraguas, Franc Gorriz, Javier Rabanal, Samuel Soto, Jaime Rebollo e Sarunas Pupelis.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra