Do cómic á novela gráfica. A banda deseñada en España no século XXI

Actualizado 19/06/2014 00:00

museo de pontevedra

Esta mostra, que se inaugura no Sexto edificio o 20 de xuño ás 20 h, propón unha mirada ó momento actual da creatividade en torno á chamada novena arte en España, a banda deseñada. Faise a través de exemplos do máis alto nivel tanto polo seu éxito editorial e repercusión nacional e internacional, coma polos numerosos premios que recibiron.

A exposición trata de reflectir os diversos procesos da creación dun cómic, con mostras de bosquexos, páxinas orixinais e coloreado dixital. E finalmente achéganse para a consulta do visitante as obras editadas, as novelas gráficas das que se expoñen orixinais.

As obras expostas pertencen a dez artistas españois recoñecidos internacionalmente: os debuxantes Alfonso Zapico, Kim, Max, Paco Roca, Santiago Valenzuela, David Rubín, José Domingo e Miguelanxo Prado, os tres últimos galegos; e os guionistas Antonio Altarriba e Santiago García.



VISITAS GUIADAS

O venres 27 ás 20 h, Octavio Beares comisario desta mostra realizará a primeira das visitas guiadas que se farán destinadas a todos os públicos.

As seguintes visitas guiadas realizaranse a partir do 2 de xullo todos os mércores ás 12 h.

Descarga máis información en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra