Visitas de Verán 2014

Actualizado 19/06/2014 12:00

museo de pontevedra

Visitas guiadas para individuais (De martes a venres. Do 24 de xuño ó 30 de setembro)

A partir do martes 24 de xuño, o Gabinete Didáctico do Museo pon en marcha as visitas diarias para individuais cunha quenda de mañá e outra de tarde. Nestas visitas farase un breve paseo polos edificios Sexto e Sarmiento destacando algunhas das obras principais da colección.

Horario:

Pola mañá ás 12 horas

Pola tarde ás 19:30 horas

Punto de encontro: recepción do Sexto Edificio

Duración de la visita: 1 hora

Número de participantes: máximo de 25

Non se require inscrición

Lembrando a Arturo Souto

En conmemoración do cincuenta aniversario do pasamento do pintor pontevedrés Arturo Souto Feijoo (1902 – 1964), membro destacado do grupo dos Renovadores da Arte Galega, realizaranse unha serie de visitas guiadas á obra exposta do autor para afondar a través dela na súa traxectoria artística.

Días:

Xoves 3 de xullo

Mércores: 9, 16, 23 e 30 de xullo

Hora: ás 19:30 horas

Punto de encontro: recepción do Sexto Edificio

Duración: 1 hora

Número de participantes: máximo de 25

Inscrición: gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 extensión 42413

A Ruta Nocturna do Museo

A ruta consiste nun recorrido pola historia dos edificios que conforman o Museo, deténdose nalgunhas obras principais dos edificios Sexto e Sarmiento.

Días:

Xullo: venres 4 e 18

Agosto: venres 1 e 22

Setembro: venres 12 e 19

Hora: ás 21 horas

Punto de encontro: Ruínas de San Domingos

Duración: 2 horas

Número de participantes: máximo de 25

Inscrición: gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 extensión 42413

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra