Presentación do libro Biografía. Celso García de la Riega

Actualizado 19/06/2014 13:00

museo de pontevedra

O mércores 25 de xuño ás 20:00 h, no Sexto Edificio celébrase a presentación do libro Biografía. Celso García de la Riega, da autoría de Guillermo García de la Riega Bellver, bisneto e biógrafo do destacado historiador pontevedrés.

Presidirá o acto a Deputada de Cultura Ana Isabel Vázquez Reboredo e nel intervirán Xosé Carlos Valle, director do Museo, Martinho Santalla, catedrático de Lingua e Literatura da Universidade de Vigo e o autor da obra.

Non se trata dunha biografía ó uso, na que o autor opina e interpreta o personaxe, senón unha biografía para dalo a coñecer en toda a súa dimensión, feita para que cada lector o descubra sen deixarse levar ou influír por opinións persoais do biógrafo.

No libro recóllese a maioría dos artigos de prensa, as interpelacións parlamentarías e as críticas das obras literarias de Celso García de la Riega, a través das cales se pode coñecer mellor o intelectual que investigou sobre outros temas ademais do de Colón galego, polo que era considerado como un historiador recoñecido, non só a nivel galego, senón tamén nacional.

O lector descubrirá un personaxe cun pensamento avanzado, tanto desde o punto de vista político como do económico, un home con visión de futuro interesado en promover e darlle o recoñecemento que se merecía Pontevedra, a súa cidade.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra