Cine e Cómic no Museo. Proxección do filme Arrugas

Actualizado 24/06/2014 14:00

museo de pontevedra

Como complemento da exposición Do cómic á novela gráfica. A banda deseñada en España no século XXI, proxectase o sábado 28 ás 20 h no Sexto Edificio a longametraxe de animación 2 D “Arrugas” baseada no cómic do mesmo nome de Paco Roca, un dos creadores que participan na exposición, e dirixido por Ignacio Ferreras.

Na imaxe vemos un fotograma do filme no que aparecen os dous protagonistas: Emilio (dereita) e Miguel. Eles son dous dos residentes nun centro de maiores onde se desenvolve a historia na que Miguel e outros anciáns tratan de axudar a Emilio que acaba de ingresar con Alzheimer na súa fase inicial.

O filme estreouse en 2011 no Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Na XXVI edición dos Premios Goya recibiría os galardóns de Mellor película de animación e Mellor guión adaptado.

Ver información sobre a exposición

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra