Concerto de Manoele de Felisa

Actualizado 27/06/2014 00:00

museo de pontevedra

O vindeiro xoves 3 de xullo, ás 21:00 h, Manoele de Felisa presenta no Sexto Edificio o seu libro-disco Cantos de lembranza no que lle pon música ós 14 poemas máis íntimos de Xosé Neira Vilas.

Para este traballo contou coa colaboración dunha vintena de artistas, entre eles a voz de Luis Emilio Batallán e un texto de Víctor F. Freixanes.

As fotografías do álbum familiar do propio escritor e unha escolma de ilustracións completan este sentido proxecto.

Xosé Neira Vilas, galardoado recentemente co Premio Otero Pedrayo, estará tamén presente no acto comentando os poemas cantados por Manoele de Felisa

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra