Concerto de música antiga

Actualizado 01/07/2014 00:00

museo de pontevedra

A VI edición de Noites de música antiga nas Ruínas celébrase este ano no Sexto Edificio. Terá lugar o venres 4 e o sábado 5 de xullo, ás 22 h. O cambio temporal de emprazamento está motivado polos traballos de consolidación do emblemático edificio medieval.

DÚO EMILIO VILLALBA E SARA MARINA. Venres 4 de xullo ás 22 h

El Doncel del Mar. Melodías medievais desde Istambul á Costa da Morte.

Emilio Villalba interpreta música antiga dende hai máis de 10 anos, en grupos como Mediterranea, Aquitania, Artefactum ou Samarcanda, entre outros. Está especializado en instrumentos de cordas medievais.

Sara Marina, pianista na súa formación clásica, é intérprete e investigadora de percusións tradicionais no mundo antigo.

JOSÉ LUIS PASTOR. Sábado 5 de xullo ás 22 h

A arte medieval da péñola

José Luis Pastor está considerado un dos máis grandes especialistas na Corda Pulsada Medieval. É profesor Superior de Guitarra Clásica polo Conservatorio Superior de Música Manuel Castillo, de Sevilla e Premio fin de grao na especialidade de Laúde Viola.

Interesado pola música antiga, levou a cabo estudos en España, Francia e Italia .

Actualmente realiza un intenso labor de investigación sobre os instrumentos medievais de corda pulsada, dos que posúe unha colección de sete exemplares .

A súa actividade concertística está compaxinada coa docente nos centros de ensino musical.

Ver máis información (Pdf)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra