Espectáculo conmemorativo do IV centenario de El Greco

Actualizado 08/07/2014 00:00

museo de pontevedra

O sábado 12 de xullo ás 22 h o Grupo Altisidora divulga a vida e obra de El Greco a través da interpretación da música dos compositores máis representativos do Renacemento, combinada con relatos e proxección de parte da súa obra.

Altisidora é unha formación de Campo de Criptana (Ciudad Real), cuxo obxectivo primordial consiste na difusión da música e a literatura española, a través da realización de concertos e promoción de espectáculos literario-musicais.

Julián Carriazo (bandurria-mandolina), Jaime del Amo (laúde tenor), José Mota (guitarra) e Luis Cabañero (narrador)

Os seus membros son profesores de instrumentos de púa e guitarra en diferentes conservatorios e pertencen ou pertenceron a importantes agrupacións de pulso e púa como Orquesta de Laúdes Españoles Roberto Grandío, Trío Assai, Nacional Ensemble, Dúo Carriazo-Mota, Quinteto Grandío, etc.

Entre os seus concertos máis importantes, cabe destacar os realizados no Casino de Madrid, Museo Arqueológico Nacional, Museo Nacional de Artes Decorativas, Museo Etnográfico de Don Benito, Museo Municipal de Alcázar de San Juan, Festival de plectro Villa de Aranjuez, Sala ARCHI de Bruselas (Bélxica), Festival de Música antigua Sancti Iohannis (San Juan – Alicante), Festival de Plectro Bahía de Cádiz, Parador Nacional de Plasencia, Festival de plectro en la Cuna de Cervantes de Alcalá de Henares, Festival Comcordas de Esmoriz (Portugal), Aulas de Cultura da obra social de CajaMadrid, etc.

Ver programa (Pdf)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra