Charla-concerto

Actualizado 14/07/2014 12:00

museo de pontevedra

O xoves 17 de xullo ás 20 h preséntase no Sexto Edificio o libro-CD editado por Edicións Embora titulado Tanto Encanto Reunido, do que son autores o colectivo Berros do Castro.

Tanto Encanto Reunido é una recompilación de fotografías antigas de músicos populares das comarcas de Ferrol, o Eume e Ortegal. O libro presenta imaxes de artesáns de instrumentos, gaiteiros e acordeonistas solistas, grupos de gaitas, murgas, e bandas de música, que tiveron protagonismo no tempo de lecer das xentes da súa época. Tamén é unha escolma de melodías, pois o volume inclúe un CD no que se recollen temas musicais que formaban parte do repertorio dalgúns destes músicos, interpretadas imitando as formacións orixinais que aparecen nas imaxes, e tamén gravacións orixinais dos propios protagonistas das fotografías.

A finalidade última da edición de Tanto Encanto Reunido é a de recuperar e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial relacionado coa nosa música popular.

Berros do Castro está composto por: Marcos Gómez (bombo e pratos), Ramón Dopico (tambor e caixa), Jose L. Loureiro (clarinete), Josecho Rodríguez (acordeón), Antón Varela e Bruno Casal (gaitas de fol).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra