Ciclo de música Sons no Ar-co VII

Actualizado 15/07/2014 00:00

museo de pontevedra

O ciclo de música Sons no Ar-co, organizado polo Museo, chega este ano á súa sétima edición celebrando dous concertos na rúa, concretamente na contorna da Praza da Leña, á beira do arco da ponte que une os edificios Castro Monteagudo e García Flórez.

O venres 18 de xullo, ás 22:00 h, abrirá o ciclo o grupo de canto, percusión e danza tradicional africana KHALEYE DIAMONO, composto por cinco músicos e dúas bailarinas. Interpretarán temas musicais de diversos países africanos, especialmente ritmos mandikes e sabar senegaleses, acompañados por danzas.

Se chovese á hora do concerto deste grupo, trasladariamos a súa actuación ó Sexto Edificio

O sábado 19 de xullo, tamén ás dez da noite, serán os compoñentes do grupo de Dixieland castelán-leonés PIXIE DIXIE BAND os encargados de poñer o son na praza. Esta formación reproduce o ambiente musical do primitivo jazz de Nova Orleáns, interpretado cun carácter desenfadado que lle permite abordar todo tipo de actuacións, incluíndo as de animación na rúa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra