Exposición Premios Novos Valores 2014

Actualizado 01/08/2014 00:00

museo de pontevedra

O Edificio Sarmiento acolle, desde o 1 ó 31 de agosto, a exposición Premios Novos Valores 2014 na que se amosan as obras premiadas e todas as seleccionadas neste certame artístico convocado pola Deputación de Pontevedra. A inauguración terá lugar o venres 1 ás 20 h.

Exhíbense nela os 29 traballos seleccionadas polo xurado de entre os 99 que se presentaron ó certame, no que puideron participar con obras inéditas artistas naturais ou residentes da comunidade autónoma de Galicia que non fosen premiados nunha edición anterior.

Este ano incrementouse o número de premios. Houbo un primeiro premio dotado con 4.000 € , un segundo, de 3.000 €, dous terceiros dotados con 2.000 € cada un, tres cuartos premios de 1.000 € e, finalmente, o premio Silverio Rivas, dotado con 3.000 € .

Os artistas galardoados foron:

1º Premio para MARCOS JESÚS COVELA MIRA por Reverso (2014)

2º Premio para ÍÑIGO ALMEIDA ESTÉVEZ por Ó Fió

3º Premio para IRIA CORTIZO FRANCO por El almuerzo desnudo e RODRIGO DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ por Estudio dun desfeito # 1

4º Premio para MARÍA GONZÁLEZ SÁNCHEZ por Bomba, ARANTZA PARDO BARBEITO por Chaos Study, ELÍAS ALBERTO PINTOS ARÍS por Simulación 10/12/2013

O premio Silverio Rivas recaeu en Ventura ALEJANDRO PÉREZ SUÁREZ por A cidade neutra

O xurado, presidido por Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada e presidenta da Comisión de Cultura, estivo integrado por Ángel Cerviño López, artista visual, comisario de exposicións e crítico de arte, Fátima Cobo Rodríguez, coordinadora de exposicións e actividades culturais da Deputación de Pontevedra, Almudena Fernández Fariña, artista plástica e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Alberto González-Alegre Burgueño, comisario de exposicións e crítico de arte, Marta Lucio Gómez, directora do Museo do Mar de Galicia e Alex Vázquez-Palacios Gómez, pintor. Exerceu de secretario Antonio Santos Guerra, Xefe de Servizo de Cultura

Todas as obras expostas recolleranse nun catálogo dixital que se poderá descargar nesta mesma páxina despois de inaugurada a mostra.

Catálogo para visualizar (PDF)

Catálogo para imprimir (PDF)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra