Concerto Gustavo Almeida & amigos

Actualizado 04/08/2014 00:00

museo de pontevedra

O venres 8 de agosto, ás 21:30 h, no salón de actos do Sexto Edificio do Museo Gustavo Almeida ofrecerá un concerto especial no que contará coa participación de Fredi Leis, Sheila Patricia, o madrileño Juan Dorá e o cubano Reynier Aldana, ademais doutros artistas aínda por confirmar.

Ás portas das Festas da Peregrina, o compositor de orixe brasileira quere obsequiar á súa cidade de residencia a través da súa música. Falar da música de Gustavo Almeida é falar de versatilidade, liberdade de creación. É falar de pop, funk, reggae con influencias rítmicas e harmónicas da rica música de Brasil. É falar de amor, de amizade, de paixóns en bares…

A entrada, como vén sendo habitual, será libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra