Concerto A la luz de los candelabros

Actualizado 05/08/2014 00:00

museo de pontevedra

O sábado 9 de agosto, ás 20 h, no Sexto Edificio celebrarase o concerto da A la luz de los candelabros na súa edición número cincuenta e cinco.

O LVII Curso internacional de Música en Compostela, foi inaugurado este domingo día 3 en Santiago. Os alumnos bolseiros asistentes a estes cursos ofrecerán o tradicional concerto que anualmente se vén celebrando no Museo

Os Cursos Universitarios e Internacionais Música en Compostela foron creados en 1958 por iniciativa do mestre Andrés Segovia, apoiado polo diplomático José Miguel Ruiz Morales, Director Xeral de Relacións Culturais no Ministerio de Asuntos Exteriores. Ambos os dous creron firmemente que a música española merecía un lugar máis destacado nas salas de concertos e conservatorios de música do mundo e decidiron celebrar uns cursos, para os que había que buscar unha sede e un nome que os identificara.

O director a Real Academia de San Fernando, Francisco Javier Sánchez Cantón, propuxo a cidade de Santiago e Nenina Fabrique de Ruiz Morales acuñou a expresión Música en Compostela.

Dous anos despois instituíuse o costume de realizar un concerto na cidade de Pontevedra, tendo ó Museo como sede, e desde entón ambos eventos manteñen a súa cita anual constituíndo xa unha tradición que os alumnos bolseiros de asistentes a estes cursos, que superan o centenar e adoitan pertencer a máis de vinte nacionalidades, ofrezan ó público da cidade do Lérez un coidado programa musical como parte do seu traballo nas aulas

Ver programa en PDf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra