Máis visitas guiadas á exposiciónDa vida á morte no Antigo Exipto

Actualizado 13/08/2014 00:00

museo de pontevedra

Ante a demanda por parte dos asistentes á exposición Da vida á morte no Antigo Exipto, desde o día 21 e ata a clausura da mostra, ampliaranse a tres as visitas guiadas semanais. Serán os mércores ás 12 h e os xoves e os venres ás 19 h. Os interesados en asistir a estas visitas deberán inscribirse previamente en gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 extensión 42413. Os grupos que se formen non superarán as 35 persoas.

Tanto a entrada á exposición como a participación nas visitas guiadas son totalmente gratuítas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra