Curso de verán. III Xornadas de Exiptoloxía

Actualizado 25/08/2014 00:00

museo de pontevedra

O Instituto de Estudios del Antiguo Egipto, vén de realizar o descubrimento sobre a correxencia entre Amen-Hotep III e Amen-Hotep IV, polo que hai que considerar unha nova visión do final da dinastía XVIII e das súas consecuencias, entre elas, a paternidade de Tut-Anj-Amon.

Para difundir estas novas celebrarase no Museo o Curso de verán III xornadas de Exitpoloxía do 3 ó 5 de setembro, segundo o seguinte programa:

Día 3

Os cambios relixiosos que se produciron durante a segunda metade da dinastía XVIII exipcia e que darían como consecuencia o mundo de Amarna

Francisco Martín Valentín, director do I.E.A.E e da Misión Arqueológica Española Proyecto Visir Amen-Hotep

Día 4

O descubrimento na tumba do Visir Amen-Hotep

Francisco Martín Valentín, director do I.E.A.E e da Misión Arqueológica Española Proyecto Visir Amen-Hotep

Día 5

Proxección do documental La revelación del Visir Amen-Hotep Huy: Cinco años de excavaciones arqueológicas en Luxor

Mesa Redonda: Teresa Bedman e Francisco Martín Valentín, directores da Misión Arqueológica Española do I.E.A.E en Luxor.


Todas as xornadas comezarán as sete da tarde no salón de actos do Sexto Edificio (rúa Padre Amoedo, 3).

Os participantes que desexen obter diploma de asistencia deberán inscribirse previamente na Secretaría do Museo (ext. 42436).

A entrada será libre ata completar aforo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra