Feira Franca 2014 no Museo

Actualizado 26/08/2014 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra súmase un ano máis á celebración da Feira Franca na cidade con diversas propostas do Gabinete Didáctico dirixidas a todo tipo de público e que se celebrarán ó longo la primeira semana de setembro.

As actividades programadas son as seguintes:

Pontevedra e a súa arte na época da Feira Franca

Do martes 2 ó venres 5 de setembro ás 19 horas no Sexto Edificio.

Visita teatralizada, dirixida a todos os públicos, na que un xuramento de amor levaranos a coñecer a arte en tempos da Feira Franca en Pontevedra.

Obradoiro de Heráldica

6 de setembro, de 11 h a 14 h e de 17 h a 19:30 h.

Celebrarase nos soportais do edificio Fernández López e está dirixido ó público infantil sen límite de idade. Nel os nenos e nenas poderán crear o seu propio escudo cos elementos que identifican os seus apelidos familiares.

O obxectivo é que se acheguen ó mundo da heráldica dende a súa orixe para que comprendan, a través da colección de escudos do Museo, o papel que xogaron na identificación das principais liñaxes da nobreza galega.

Escola de Heráldica

Sábado 6 de setembro dúas sesións: ás 12:30 h e ás 18:30 h.

Visita teatralizada, dirixida a todos os públicos, pola historia dos escudos exteriores dos edificios Castro Monteagudo, García Flórez, Fernández López e Sarmiento.

O punto de encontro será nos soportais do edificio Fernández López.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra