Visitas guiadas á exposición Da vida á morte no Antigo Exipto

Actualizado 05/09/2014 00:00

museo de pontevedra

A gran acollida que está a ter a exposición Da vida á morte no Antigo Exipto orixinou unha nova ampliación do programa de visitas guiadas polo que os visitantes que o desexen poden acudir todos os días (de martes a sábados) ás 19 h, ademais dos mércores ás 12 h e os venres á 17:30 h.

Os interesados en asistir a estas visitas deberán inscribirse previamente en gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 extensión 42413. Os grupos que se formen non superarán as 35 persoas.

Tanto a entrada á exposición como a participación nas visitas guiadas son totalmente gratuítas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra