Domingos Musicais no Sexto

Actualizado 08/09/2014 00:00

museo de pontevedra

Edgar Oceransky e Miguel Inzunza actuarán este domingo ás 19:30 h no Sexto Edificio dentro do ciclo Domingos Musicais no Sexto. A entrada é libre e gratuíta.

EDGAR OCERANSKY

EDGAR OCERANSKY

Cantautor nacido na Cidade de México no ano de 1975. Inicia a súa carreira artística en 1993. No 2000 participa con Mario Domm como co-produtor e adaptador no disco "Títeres de Tu" do poeta mexicano Edel Juárez e inclúe a súa canción “ La recuerdo así". No ano 2001 lanza o seu primeiro material discográfico chamado “Estoy aquí" baixo o selo Sony Music, no 2002 forma parte do disco "El que la hace la canta" ó lado de Reyli e Natalia Lafourcade entre outros, baixo o mesmo selo e o disco "Reflejos Acústicos" de Kirty Music, así como do Sound Track da película "Corazones Rotos". En 2003 lanza de xeito independente o disco "De carne y hueso" producido tamén por Mario Domm, este material consolídao no panorama cantautoral de Latinoamérica e lévao de xira por todo México, España, Cuba, Puerto Rico, República Dominicana e Costa Rica. Nese mesmo ano compón ao lado de Mario Domm e María Bernal a canción non “No me quiero enamorar" mesma que o fai merecedor o premio ASCAP e o premio SACM o ano seguinte por estar máis de 30 semanas no top ten do Billboard e outras listas de popularidade. No 2006 sae á venda o disco "Solo, ni tan solo" disco dobre que presenta a Oceransky dunha forma íntima nun concerto a guitarra limpa e unha soa voz que se fonde coa do público asistente. Neste disco dobre faise tamén unha recompilación dos duetos que gravou ao longo da súa carreira con artistas de diversos países dende México ata Italia pasando por Puerto Rico, Cuba e España. No ano 2007 dá a coñecer o seu cuarto disco "Te seguiré " baixo a batuta de produtor Memo Gil.

Debido ó éxito logrado en Costa Rica en 2009 grava nese país un concerto en DVD, invitando importantes artistas como Bernardo Quesada e Máster Key dese país e Perrozomppopo de Nicaragua. Actualmente encóntrase soando en México e Estados Unidos a súa canción "Obra Maestra" coa Banda Pequenos Musical.

Compartiu escenario con grandes da música como Tania Libertad, Armando Manzanero, Franco de Vita, Rossana, Alberto Cortés Y Reyli este último tívoo como convidado especial no seu concerto do Auditorio Nacional en novembro do 2007.

En 2009 grava un material en vivo xunto ó cantautor Raúl Ornelas chamado "Dos Necios de verdad", o cal provocou unha xira que durou dous anos.

Actualmente encóntrase realizando unha xira con Reyli Barba chamada “Sumando Amor” por diferentes cidades do país e presentando o seu novo disco "N Otra Vida" gravado en España en Marzo e Abril do 2011 producido por Carlos Narea un dos produtores máis coñecidos en Hispanoamérica por producir a artistas como Fito Páez, Joaquín Sabina e Miguel Ríos entre moitos máis.

MIGUEL INZUNZA

MIGUEL INZUNZA

Compositor, cantante e productor da escena da música independente en México. Fusiona xéneros e ritmos diversos que dan como resultado un son alternativo, fresco e emotivo, no que a canción é fío condutor e á vez protagonista.

Comprometido coas letras, vai dende o máis desenfadado ao máis intimista, imprimindo sempre frescura e actualidade como características principais.

Usa a tecnoloxía ó servizo da canción, e na súa busca incorpora timbres electrónicos, loops e instrumentos acústicos que dan como resultado unha proposta de personalidade modernista e ó mesmo tempo emotiva.

En 2013 lanza “Fábrica de Aves” produción independente na que conxuga o máis actual do seu son e unha selección de 14 cancións da súa autoría que foron filtradas pola selección natural dos últimos anos. Con participacións especiais coma o dueto con “Los Claxons” no tema “Pasarán”, ou a coautoría do tema “Testigo del desfile de los días” co poeta mexicano Edel Juárez.

Gravado en Kilómetro Cero Studio e mesturado polo enxeñeiro gañador do Grammy John Gibbe. É un disco dono dunha dinámica e emotividade sobresaíntes.

En 2009 presenta o disco “Circo bicicleta” que conta coa participación de músicos de nivel internacional, coma os irmáns Barrera, integrantes do grupo de jazz B4, e unha canción en coautoría co brasileiro Leo Minax.

No ano 2006 lanza ó mercado independente a súa segunda produción titulada “Que Nadie Se Entere” gravada e producida por el mesmo en formato de guitarra acústica e loops, e no ano 2003 grava a súa primeira produción discográfica titulada “Juguete de Madera” baixo o selo Sony BMG. Juguete de Madera tivo como sinxelos “Cosquillas al Cielo” e “Flaca” e vendeu máis de 50 mil copias.

Participa como cantante no festival Latinautor, en Uruguay, representando a México, e obtén o segundo lugar entre máis de 20 países participantes.

O labor artístico de Miguel Inzunza vai máis aló dos seus discos e para mostra está ‘Antoni eta anton’, dueto en euskera que recentemente gravou con Ximena Sariñana para el disco “Kalea”, de Kepa Junkera, no que comparte créditos con grandes artistas como Pablo Milanés, Juanes, León Gieco e Lila Downs, Ivan Lins entre outros.

Participa no disco Homenaxe a Fito e no “Acústico” de La Quinta Estación.

Desde fai algúns anos forma parte do proxecto El Cuarteto Incompleto, xunto aos cantautores Leonel Soto e David Aguilar.

Destaca ademais na faceta de produtor musical de bandas sonoras, como a do filme Tequila, interpretada por el mesmo, ou o teme “Un Par De Miradas”, canción principal da película de Patricia Riggen “La Misma Luna”, gañadora dun Oscar.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra