Concerto de violín e piano

Actualizado 16/09/2014 00:00

museo de pontevedra

Melina Duttge (violín) e Goretti Domínguez (piano) actuarán o domingo 21 ás 19 h no Sexto Edificio.

Concerto de violín e piano


Melina e Goretti decidiron viaxar a Europa Central para estudar na Academia de Artes Escénicas de Praga cunha bolsa “Erasmus”.

Aquí formaron un dúo de música de cámara recibindo clases do violinista Iván Strauss.

Melina é alemá –de Hamburgo- e Goretti española –de Pontevedra- e xuntas decidiron montar un programa de concertos con obras dos tres países, para o que elixiron os compositores checos Dvorak e Smetana, o alemán Beethoven e o español Joaquín Turina.

Con este programa realizarán concertos en diferentes cidades galegas e alemás.

Programa

L. V. BEETHOVEN (1770-1827): Violín sonata Op. 12 núm. 1 en Re M.
A. DVORAK (1841-1904): Pezas románticas Op. 75
J. TURINA (1882-1949): Sonata española para violín e piano. Op 82 núm. 2B. SMETANA (1824-1884): Z Domoviny (da miña patria) para violín e piano

Ver biografía e programa en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra