En paralelo: Noites de literatura e cine

Actualizado 22/09/2014 00:00

museo de pontevedra

Dunha maneira divertida e diferente, Ignacio Elguero presentará no Sexto Edificio a súa novela “Leif Garret en el dormitorio de mi hermana”. Será o venres 26 ás 20 h. Esta sesión completarase o día 1 de outubro, á mesma hora, coa proxección da película “Grease” dirixida por Randal Kleiser en 1978.

Ignacio Elguero


Ignacio Elguero (Madrid 1964)

Escritor e xornalista, publicou ademais da novela “Leif Garret en el dormitorio de mi hermana” os ensaios xeracionais “Al encerado” (2011): un divertido e interesante retrato sobre os colexios dos anos sesenta, setenta e oitenta; “Los niños de los chiripitifláuticos” (2004), un retrato xeracional dos nacidos nos sesenta e “Los padres de Chencho” (2006): nenos de posguerra, avós de hoxe.

Tamén os libros de poemas “Siempre” (2011), “Materia” (Premio Internacional de Poesía Claudio Rodríguez 2006), “El dormitorio ajeno” (2003), “Cromos” (2000) e “Los años como colores” (1998). As antoloxías de poesía xove 33 de Radio 3 (2004), “Periféricos. 15 poetas” (2004) e “Inéditos. 11 poetas” (2002).

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, na actualidade é Director de Programas de RNE, emisora na que traballa dende hai dezasete anos, e dirixe en RNE-Radio 1 o programa literario “La estación azul”.

Entre outros recoñecementos ten o Premio Ondas 2002, Premio Internacional Audiovisual Antonio Machado 2002, Premio Galicia de Comunicación 2007, Mención especial Premio Ondas 2010; Premio Nacional ó fomento da lectura 2011 e Premio ó fomento da lectura do gremio de editores de España 2012.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra