Presentación do libro Eno mar cabe quant’i quer caber

Actualizado 26/09/2014 00:00

museo de pontevedra

O luns 29 de setembro, ás 20 h, terá lugar no edificio Sarmiento a presentación-recital do libro Eno mar cabe quant’i quer caber, recompilación de poemas dos autores que participan no Obradoiro Internacional de Tradución Poética na illa de San Simón e que está editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.

A escritora Yolanda Castaño, coordinadora deste obradoiro de intercambio cultural, estará acompañada na presentación por Isaac Xubín, un dos poetas participantes no encontro e encargado de facer a tradución ao galego dos poemas en voces internacionais do libro.

O acto estará amenizado coa música de Víctor Olmo, que interpretará tres pezas á zanfona.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra