Audicións de música comentadas

Actualizado 26/09/2014 14:00

museo de pontevedra

O sábado 4 de outubro comeza a quinta edición das audicións de música clásica comentadas dirixidas e presentadas por Manuel López Benito. Consta dun curso de apreciación musical e outro de introdución á ópera.

As sesións terán lugar no salón de actos do Sexto Edificio. A entrada é libre e de balde.

CURSO DE APRECIACIÓN MUSICAL: AS MUSAS DA MÚSICA CLÁSICA
4,11,18 e 25 de outubro de 11:30 a 13:30 h

III CICLO DE INTRODUCIÓN Á ÓPERA: ÓPERAS COMENTADAS
8, 15, 22 e 29 de novembro de 11:30 a 13:30 h

As óperas do programa deste III ciclo son: O rapto no Serrallo, Otello, Cossi fan tutte ossia La scuola degli amanti e Cavalleria risticana.

Ver programa completo en Pdf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra