Presentación do libro Los días de F. L.

Actualizado 30/09/2014 00:00

museo de pontevedra

O venres 3 de outubro, ás 20:00 h, no salón de actos do Sexto Edificio terá lugar a presentación do libro Los días de F. L., do que é autor Bernardo Sartier.

“Bernardo Sartier preséntasenos como o máis prolífero, firme e destacado articulista actual dunha localidade, Pontevedra, que sempre necesitou dunha sagaz pluma que deixe constancia dos seus dixomedíxomes. El é ensaísta dun tempo que xa non está, así é que esta colección de artigos sobre uns momentos vividos e expresados grazas ó fío do miramento interior, ademais é unha boa forma de deixar constancia da vida dos outros, dos que xa non están entre nós, persoas que deixaron rastros mencionables grazas a feitos cotiáns acontecidos a rentes da rúa, feitos que, a fin de contas, en esencia son os mesmos que vivimos todos e cada un de nós”.
Alexander Vórtice

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra