Presentación da Webserie galega Fame

Actualizado 13/10/2014 00:00

museo de pontevedra

O xoves 16 de outubro ás 20 horas, no salón de actos do Sexto Edificio, celebrarase a presentación da Webserie Fame.

Fame Webserie é unha produción para internet que busca dar saída a unha xeración de creadores, técnicos e actores do novo audiovisual galego. Tenta ser un proxecto arriscado, non pretende copiar modelos e aposta polo xénero do thriller.

Conta cunha primeira tempada de tres capítulos de dez minutos de duración cada un. A segunda tempada: Sede, encóntrase en proceso de posprodución e constará de cinco novos capítulos, con moitos máis personaxes, unha trama máis intricada e un equipo técnico que triplica o inicial.

Sinopse:

Dúas rapazas cun modo de vida diferente, capaces de crear o seu propio universo e arrastrar con elas a quen ten a mala sorte de coñecelas. Viven na estrada e o seu oficio é seducir, secuestrar e asasinar homes.

Sede de vinganza, iso é o que guía a viaxe dos personaxes nesta segunda tempada. Botando a vista atrás cara as orixes dos protagonistas achegarémonos ás súas escuridades.

Ver máis información en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra