Xornadas Castelao no Museo

Actualizado 15/10/2014 00:00

museo de pontevedra

A Real Academia Galega, o Concello de Rianxo e o Museo organizan conxuntamente unhas xornadas que se estenderán ó longo de tres días, unha en cada entidade. No seu transcurso, analizaranse os perfís político, artístico e literario de Castelao no octoxésimo aniversario do seu ingreso na Academia.

No salón de actos do Museo celebrarase a segunda das xornadas o martes 21 de outubro que analizará o seu perfil artístico. Está programada unha visita guiada ás salas Castelao, situadas no segundo andar do Sexto Edificio, ás 19 h. A continuación, ás 20 h, comezará unha mesa redonda na que intervirán Miguel Anxo Seixas, Xosé Díaz e Xosé Carlos Valle Pérez e que será moderada por Xesús Alonso Montero.

A entrada a estas xornadas é libre ata completar o aforo.

Ver programa en Pdf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra