IV Encontro de conservación e restauración

Actualizado 17/10/2014 00:00

museo de pontevedra

Baixo o lema “Moldes, réplicas e patrimonio” celebrarase o IV Encontro de Conservación e Restauración os días 19, 20 e 21 de novembro no salón de actos do Sexto Edificio.

O interese dos moldes e reproducións como colección museística, como vestixio dunha metodoloxía de traballo, como técnica de conservación e como obxectos que tamén debemos conservar, serán os fíos condutores das sesións deste Encontro.

Unha vez máis a organización corre a cargo do Museo e da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e está dirixido tanto a profesionais do eido da restauración e a conservación, como doutros vinculados coas actividades museísticas e artísticas, así como a estudantes ou ó publico interesado en xeral.

As inscricións realizaranse na secretaría do Museo: secretaria.museo@depo.es (información no teléfono 986 804 100 ext.: 42436) ata o 12 de novembro. Efectuaranse por rigorosa orde de rexistro de entrada ata completar o número de prazas, limitado a 240 persoas.

Os asistentes recibirán un diploma acreditativo. Está solicitado un crédito de libre configuración á Universidade de Vigo.

O programa será o seguinte:

19 DE NOVEMBRO: Historia e funcións. As reproducións no ámbito da protección do patrimonio

MAÑÁ

8:30 h Entrega de documentación

9:30 h Acto de inauguración

10:00 h Museo Nacional de Reproducciones Artísticas. Historia dunha idea. Alberto Campano Lorenzo. Conservador. Responsable da Colección de reproducións do Museo Nacional de Escultura.

11:30 h Pausa

12:00 h O Victoria & Albert Museum. Historia das súas reproducións e moldes. O caso da reprodución do Pórtico da Gloria e a súa conservación. Victor Hugo Borges Vitoria & Albert Museum.Senior Sculpture Conservator.

13:30 h Coloquio

TARDE

16:30 h Función das reproducións no ámbito da restauración. Aplicacións prácticas da realización de reproducións enfocadas á protección do patrimonio cultural. A colección de gravados rupestres do MPO.

Carmen Gómez Feito, Natalia Cortón Noya e María Varela Martínez.

Conservadoras-Restauradoras en Rock Art Conservation S.L.

18:00 h O proxecto museolóxico da reprodución de Altamira: Por que e para quen?

J.A. Lasheras

Director. Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira.

19:30 h Coloquio

20:00 - 21:30 h Visita ás instalacións do Museo de Pontevedra (Sexto edificio).

20 DE NOVEMBRO: Metodoloxía

MAÑÁ

9:30 h Criterios, metodoloxía e procedemento para a realización dunha reprodución do tímpano de Palmou, pertencente ó Museo de Pontevedra e desenvolvida pola ESCRBBCCGalicia. José Antonio Quinteiro.

Director. ESCRBCGalicia

11:00 h Pausa

11:30 h Novos materiais composite.

Alejandro Castro de la Iglesia.

Dr. Técnico e comercial. Resinas Castro

13:00 h Coloquio

TARDE

16:30 h Facsímiles para conservación: redefinindo a relación entre dous e tres dimensións.

Carlos Bayod Lucini

Arquitecto. Factum Arte

18:00 h Dixitalización e Cultura.

Esperanza Ibáñez

Apoderado de Políticas e Asuntos Públicos, Google.

19:30 h Coloquio

20:00 - 21:30 h Visita ás instalacións do Museo de Pontevedra (Edificio Sarmiento)

21 DE NOVEMBRO: Conservación de reproducións

MAÑÁ

9:30 h A conservación das xesarías da Alhambra e o seu traballo con moldes. Últimas técnicas de intervención.

Ramón Francisco Rubio Domene.

Xefe do Taller de Restauración de Xesarías e Azulexados. Padroado da Alhambra e Generalife.

11:00 h Pausa

11:30 h A conservación e restauración da Colección de xesos históricos da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

Judit Gasca, Anxos Solís e Silvia Viana

Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

13:00 h Coloquio

13:30 h Clausura.

Folla de inscrición

Descargar programa en Pdf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra