Presentación do libro El Camino Medio: la reconciliación

Actualizado 21/10/2014 00:00

museo de pontevedra

O xoves 23 de outubro, ás 20 horas, terá lugar no salón de actos do Sexto Edificio a presentación do libro de Jesús Antonio Fernández Olmedo, El Camino Medio: la reconciliación, a cargo de Ricardo Carreras Silva, coautor.

Jesús Antonio Fernández Olmedo leva 32 anos difundindo as ideas humanistas por todo o mundo co obxectivo de transmitir as ideas da non violencia e a espiritualidade. Con anterioridade a este escribiu Crónicas dun viajero, El Nuevo Buscador e Visión de conjunto. Filosofía del despertar.

En El Camino Medio aparecen novas formas de escribir, novas maneiras de interpretar e comunicar. Contén un sainete, algúns contos e relatos, experiencias, debuxos e frases que, segundo o autor, foron xurdindo.

Esta obra é a tradución dos sinais internos que van aparecendo na busca de avance e sentido na vida. Conta ademais con achegas dalgunhas persoas que participaron activamente ou simpatizaron co proxecto de humanizar, de axudar á apertura de países.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra