O Samaín no Museo

Actualizado 24/10/2014 00:00

museo de pontevedra

Achégase o Samaín e o Gabinete Didáctico do Museo quere celebralo con nenos e nenas cun obradoiro creativo onde realizarán actividades plásticas inspiradas nesta festa e nos froitos de outono.

As actividades xirarán arredor dunha escolma de obras expostas no Sexto edificio, que mostran e conectan con algún dos aspectos propios desta festa, o que, ó mesmo tempo, pretende achegar a rapaces e rapazas ó mundo da arte.

Data: 31 de outubro

Hora: de 18:00 a 20:30 h

Participantes: nenos e nenas de 6 a 12 anos

Número de prazas: 15

Lugar: Sexto Edificio

Para participar é necesaria inscrición previa a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra