Presentación do libro Pontevedra: El verdadero origen de Cristóbal Colón

Actualizado 28/10/2014 00:00

museo de pontevedra

O próximo venres 31 de outubro, o Sexto Edificio do Museo acollerá a presentación do libro Pontevedra: El verdadero origen de Cristóbal Colón, do autor Modesto Bará Álvarez.

Este libro inédito dende 1957 e que agora se publica coa colaboración da Asociación Galicia Histórica e baixo a editorial Discursiva, con prólogo de Bieito Rubido, director de ABC, trata de demostrar con multitude de datos que Colón non era xenovés e que existen indicios, máis que razoables, que acreditan que o descubridor do Novo Mundo era orixinario de Porto Santo en Poio, Pontevedra.

Na presentación intervirán, Jacobo Moreira, Silvia Iglesias, Rodrigo Cota, Salvador Bará, fillo do autor, e Enrique Sotelo, da editorial Discursiva.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra