Ven coñecer o Museo

Actualizado 04/11/2014 00:00

museo de pontevedra

A partir do sábado 8 de novembro retómanse as visitas guiadas do programa Ven coñecer o Museo que se realiza os fins de semana ata o 31 de maio.

Nesta ocasión ofrécense dous itinerarios nos que poden participar todas as persoas que o desexen inscribíndose a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413.

Os percorridos realízanse a partir de cinco persoas.

A participación é de balde.

A Ruta do Museo

Ruta guiada na que se pretende unha achega á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia.

Data: Todos os sábados

Hora: 11:30h

Punto de encontro: Ruínas de San Domingos

Duración: 90 minutos

Nº participantes: 25

Achégate ó Sexto!

Visita guiada polo Sexto Edificio do Museo como unha primeira toma de contacto coa súa arquitectura e as súas coleccións.

Data: domingos

Hora: 11:30 h

Punto de encontro: Sexto Edificio

Duración: 90 minutos

Nº participantes: 25

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra