Teatro no Museo

Actualizado 10/11/2014 00:00

museo de pontevedra

O grupo Armadiña Teatro pecha o ciclo Teatro no Museo coa representación de Saúde Private Hospital. Terá lugar o sábado 15 no Sexto Edificio ás 20 h.

Este grupo de teatro aficionado naceu no mes de maio de 2013 no seo da Asociación Cultural, Deportiva e Medioambiental (ACDeM) Armadiña de Combarro. Está formado por unha variedade de persoas do concello de Poio e a súa contorna, todos eles con diferentes idades, opinións e inquietudes; pero cun mesmo soño “formar parte do mundo teatral”, e dende entón comparten aprendizaxe, vivencias, representacións, nervios e alegrías.

Saúde Private Hospital, con guión e dirección a cargo de Miquel Condal, actor de Pinga Teatro, foi estreada no pasado mes de maio na Comunidade de Montes de Combarro, cun cheo absoluto. Os espectadores que aistiron a representación puideron gozar dunha obra que pretende, de forma cómica, simular vivencias e problemas actuais. A modo de farsa ridiculiza e esaxera accións sufridas por todos na sanidade e na vida en xeral.

Manuel Cao , Ramón García, Alberto Fernández, Sergio Pérez, Mercedes Regueira, Ángeles Torres, Silvia Ramírez, Andrea García, Carolina Muñíz, Tamara Andrés e Carmen Piñón, actúan nesta representación que contou coa colaboración especial de María Carrera.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra