Exposición 51 páxinas das nosas letras

Actualizado 14/11/2014 00:00

museo de pontevedra

A área de cristal do Sexto Edificio acolle desde o 18 ó 27 de novembro a exposición itinerante 51 páxinas das nosas letras, patrocinada e organizada polo Parlamento de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación e da Real Academia Galega.

A mostra componse de 51 medallas conmemorativas do Día das Letras Galegas, obra de Siro López e Manuel Ferreiro Badía, expostas habitualmente no Parlamento de Galicia. Acompáñase dun breve perfil de cada un dos homenaxeados ó longo deste medio século de historia, un panel introdutorio explicativo e un vídeo divulgativo sobre a historia e o significado do Día das Letras Galegas.

A Deputación de Pontevedra e o Museo súmanse a iniciativa acollendo esta exposición que naceu para conmemorar os 50 anos do aniversario da instauración do Día das Letras Galegas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra