Obradoiro de cerámica para adultos

Actualizado 14/11/2014 11:54

museo de pontevedra

Tendo en conta as destacadas coleccións de cerámica e porcelana que posúe o Museo queremos achegar esta artesanía tan antiga, non só ós cativos que dende hai anos teñen esta oportunidade, senón a todas aquelas persoas que queiran iniciarse nela.

Con esta finalidade imos realizar un obradoiro que constará de 6 sesións nas que os participantes coñecerán as propiedades das arxilas, as técnicas de confección e decoración, o proceso de cocción e esmaltado e realizarán as súas propias pezas.

O obradoiro será impartido por Germán Iglesias del Río, profesor de olería da Asociación Alba.

Nº de participantes: 15

Días: martes, xoves e venres.

Fechas: 25, 27 e 28 de novembro e 2, 4 e 5 de decembro.

Hora: de 17:00 a 19:00 h

Lugar: Aula - taller do Gabinete Didáctico no Sexto Edificio.

Para participar é necesario inscrición previa a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra