En paralelo: Noites de literatura e cine

Actualizado 17/11/2014 11:00

museo de pontevedra

O ciclo En paralelo: Noites de literatura e cine trae nesta ocasión ó Museo de Pontevedra a Noelia Márquez Macías, que presentará o seu libro Todavía no lo sé. Será o viernes 21 de novembro ás 20:00 h no Sexto Edificio.

Noelia Márquez é unha nova autora de Pontevedra, naceu en 1995 e é estudante de Enxeñería en Organización Industrial na Universidade de Vigo. Compaxinando os seus estudos coa súa paixón pola literatura, a finais do ano pasado decidiu crear a súa primeira novela, un proxecto que tiña en mente dende moi pequena.

Todavía no lo sé, publicado baixo a editorial Seleer, narra a historia de tres personaxes cunha relación en común e un pasado do cal non poden desfacerse. A pesares da dor, da rabia e o sufrimento, atoparán entre eles o valor necesario para seguir adiante.

Para completar esta edición do ciclo o día 26 de novembro ás 20:00h proxectarase a película Good Bye Lenin, dirixida en 2003 por Wolfgang Becker. Este filme ambientado no cambio da Alemaña comunista á reunificada e capitalista, acadou varios premios da Academia de Cine Europeo e enmárcase perfectamente neste mes no que se conmemora o 25 aniversario da caída do Muro de Berlín.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra