Exposición Orixinal ou copia?

Actualizado 18/11/2014 11:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra colabora coa montaxe e patrocinio da exposición Orixinal ou copia? As reproducións na conservación do patrimonio que organiza a Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia como complemento do IV Encontro de Conservación e Restauración que se celebra no Museo.

A mostra Pretende dar a coñecer o papel que xoga o restaurador-conservador de bens culturais no eido da realización de reproducións de obras de interese cultural.

Poderase visitar ata o 19 de decembro na Escola de Conservación e Restauración na rúa Maestranza nº 2 (entrada pola Facultade de Belas Artes), de 17 a 21 h.

Ver folleto en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra