Nadalarte, actividades infantís para o Nadal

Actualizado 01/12/2014 00:00

museo de pontevedra

Con motivo das vacacións escolares de Nadal, o Gabinete Didáctico do Museo organiza o programa Nadalarte 2014, no que se propoñen dúas actividades para nenas e nenos.

OBRADOIRO CREATIVO DE ADORNOS DE NADAL (Completo)

Nesta actividade, que ten unha duración de dúas horas, ademais da parte de manipulación e creación os participantes farán unha visita guiada á exposición Historia do xoguete español e realizarán o xogo Buscando os xoguetes na pintura.

Os nenos e as nenas que desexen participar teñen que escoller entre as seguintes datas:

22, 23 e 26 de decembro de 2014: nenos/as de 5 a 8 anos.

29, 30 de decembro e 2 de xaneiro de 2015: nenos/as de 9 a 12 anos.

Sexto Edificio de 11 a 13 h.

15 participantes por quenda.

É necesaria inscrición previa, chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es

CONTOS INFANTÍS A PIANO

Trátase dun espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantil Unha semana do pequeno elfo Cerra - Ollo de Hans Christian Andersen.

Nel o dúo de piano a catro mans Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo a versión deste conto realizado polo francés Florent Schmitt ó tempo que se proxectarán as imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña. A narradora Iciar Borges irá relatando cada unha das escenas que a música describe.

A duración será duns 45 minutos.

Domingo 21 de decembro

Sexto Edificio ás 18:00 h.

Entrada libre ata completar aforo.

Ver máis información sobre este espectáculo en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra