Presentación do documental Club Cisne Balonmano – 50 años de historia

Actualizado 05/12/2014 00:10

museo de pontevedra

O club de balonmán Cisne de Pontevedra presenta o martes 9, ás 20 h no salón de actos do Sexto Edificio, o documental Club Cisne Balonmano – 50 años de historia que realiza un recorrido pola historia do Club desde a súa fundación alá polo ano 1964 ata o día de hoxe.

Nel nárranse os éxitos, as anécdotas e a historia destes cincuenta anos , a través de vídeos, fotografías e entrevistas a persoas vinculadas ó Club ó longo de toda a súa existencia.

O documental foi elaborado polo xornalista Xavier Fortes e producido por Manuel Yáñez.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra