Conferencias arredor da exposición Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa

Actualizado 09/12/2014 00:00

museo de pontevedra

Coa conferencia Entre Galicia e a Illa de Pascua. Galicia, Uruguai, Arxentina, Chile: orixes e significación da arquitectura monumental, que Felipe Criado Boado impartirá o xoves 11 ás 20 h no Sexto, ábrese o ciclo complementario da exposición Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa.

O programa está organizado polo Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit) dependiente do CSIC e pola Deputación de Pontevedra co obxectivo tanto dar a coñecer en Pontevedra o labor do instituto, que realizou varias intervencións arqueolóxicas na provincia, como de mostrar a diversidade cultural a través da investigación arqueolóxica en contextos xeográficos e sociais diferentes.

A conferencia de Felipe Criado Boado, ademais de servir de introdución ó ciclo e presentación da exposición, centrarase na significación da orixe e a construción da primeira arquitectura monumental, que en Galicia e na fachada atlántica europea está representada polo megalitismo e os seus monumentos. Abordará, así mesmo, os resultados dos proxectos de investigación que sobre esta temática ten realizado o INCIPIT en países de América do Sur, o que permite establecer unha comparativa entre a arquitectura monumental en Europa e ese continente.

Felipe Criado Boado (Santiago de Compostela, 1960) é arqueólogo e director do INCIPIT, organismo con sede en Santiago de Compostela dependente do Consejo Superior de investigaciones Científicas (CSIC)

As súas liñas de investigación son a arqueoloxía da paisaxe, a orixe e desenvolvemento da monumentalidade, a teoría arqueolóxica, a arqueoloxía e a sociedade e a ciencia pública.

Realizado e realiza proxectos de investigación e traballos de campo en Galicia, España, Portugal, Reino Unido, Chile, Arxentina, Perú e Uruguai.

A outras conferencias deste ciclo son:

18 de decembro: Alfredo González Ruibal, científico titular do CSIC no INCIPIT: Osos máxicos: cemiterios da Idade Media en Guinea Ecuatorial.

15 de xaneiro: César Parcero Oubiña, científico titular do CSIC no INCIPIT: Regando o deserto. Formas de vida e de produción no altiplano andino en época preincaica

22 de xaneiro: César González García, investigador de posdoutoramento Ramón y Cajal do CSIC no INCIPIT: Orientatio ad Sidera: o ceo e as sociedades do Oriente Próximo antigo

Todas as conferencias son no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, ás 20 h.

Ver información sobre a exposición

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra